Búsqueda avanzada
Circular 75.- IX Curso de Acceso á Quenda de Oficio de Estranxeiría
07/10/2020
Os vindeiros 22 (xoves) e 23 (venres) de outubro de 2020, en horario de 17.00 h. a 20.00 h., no Salón de Actos do Colexio, na rúa Lalín nº 4 (Edificio dos Xulgados), levarase a cabo o IX CURSO DE ESTRANXEIRÍA, segundo o programa que se xunta, que ten carácter de obrigatorio para todos aqueles letrados que desexen incorporarse á citada especialidade da Quenda de Oficio.

De non completarse o aforo, tamén poderán asistir os que xa estean adscritos á Quenda de Estranxeiría e o resto de colegiados, nesta orde. Dado o aforo reducido e limitado polo protocolo sanitario do Colexio, os interesados deberán preinscribirse na Secretaría do Colexio ata o día 20 de outubro, enviando por correo electrónico ao enderezo: merchi@icavigo.org esta solicitude.

O Colexio confirmará a inscrición polo mesmo medio.

Prégase aos que se inscriban a responsabilidade de asistiren para evitar que resten prazas que poderían aproveitar outros compañeiros e compañeiras.

A continuación traslado información relevante, desde o punto de vista da organización do curso, derivada da situación sanitaria actual:

- Os asistentes disporán de solución hidroalcohólica para utilizar antes de acceder ao Salón de Actos.

- Haberá un descanso entre ponencias de dez minutos para a ventilación do Salón, que permitirá a renovación do aire.

- Será obrigatorio o uso de mascarilla para asistentes e ponentes.

- Os asistentes deberán sentarse nos sitios sinalados con un punto blanco, e sempre ocuparán o mesmo posto.

- Non se compartirán obxectos personais.

- Os bolsos, carpetas, chaquetas, colocaránse debaixo da cadeira.

Un saúdo, A Decana
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información