Búsqueda avanzada
Circular 94/2020 Curso de Atención xurídica á vítimas de violencia de xénero 2020 para o acceso á Quenda de Oficio de Violencia de Xénero.
26/11/2020
Prezado compañeiro, prezada compañeira:


Coincidindo coa celebración hoxe do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Consello da Avogacía Galega abre a inscrición do Curso:
 
Atención xurídica á víctimas de violencia de xénero 2020

Este curso ofrece formación obrigatoria e gratuíta para a pertenza á quenda de oficio específica de violencia de xénero e terá unha carga lectiva de 300 horas. Prestado íntegramentge con recursos do Consello da Avogacía Galega, conta coa participación de letradas especialistas e expertos/as nas diferentes disciplinas relacionadas: xurídica, penal, procesual, asistencial, médico-legal, psicolóxica e policial. Ademais completarase cun programa de webinars, en colaboración cos Colexios da Avogacía.

- Guia
- Folleto

O curso está homologado pola Comisión de Formación do Consello da Avogacía Galega. Ao superarse o curso, o/a usuario/a recibirá un diploma que o habilitará para a inscrición nas listaxes especiais de violencia sobre a muller da quenda de oficio do ICA Vigo.

A inscrición é gratuíta e realizarase a través da aula virtual https://formacion.avogacia.gal .

Para máis información, pódense consultar os materiais anexos, ou  contactar co C.A.G. no enderezo electrónico redes@avogacia.gal e no teléfono 981 121 893.

Un saúdo,
A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información