Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Sesión Formativa sobre acceso e uso da plataforma telemática de tramitación dos procesos especiais para microempresas (Lei Concursal)
12/01/2023
O pasado luns día 9, o CGAE celebrou unha sesión formativa relativa ao acceso e uso da plataforma telemática de tramitación dos procesos especiais para microempresas, previsto no Libro III da Lei 16/2022, de 5 de setembro, de reforma do texto refundido da Lei Concursal.
 
En concreto, a sesión versaba sobre o “examen y modo de cumplimentar los formularios normalizados de dicho procedimiento”.
 
Dado o alto número de participantes (superior a 1.000) e o interese suscitado por esta sesión práctica, o CGAE adoptou as seguintes medidas:
 
Publicación na web www.abogacia.es dos seguintes contidos:
 
  1. Video que contén a totalidade da sesión formativa sinalada.
  2. Guía de uso y acceso á plataforma elaborado polo Ministerio de Xustiza.
 
  • Habilitación dunha dirección de correo electrónico (plataformaconcursal@abogacia.es) para atender tanto as preguntas que quedaron pendentes durante a sesión como as que se formulen polos compañeiros e compañeiras. Dita conta estará operativa ata o 30 de xaneiro de 2023, inclusive, data na que deixarán de recibirse preguntas ao respecto.
 
Achegamos neste correo a documentación expuesta polos relatores no curso das súas intervencións, incluída a presentación utilizada polo Subdirector General de Impulso e Innovación de Servicios Digitales de Justicia.

-PROCEDEMENTO ESPECIAL DE MICROEMPRESAS

- CUESTIÓNS CONTROVERTIDAS DO PROCEDEMENTO ESPECIAL DE MICROEMPRESAS

-SISTEMA DE INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO ESPECIAL DE MICROEMPRESAS
 
Durante a sesión celebrada o pasado luns, o Subdirector Xeral tamén anunciou que en datas próximas porase a disposición unha versión DEMO, que desde a avogacía se ven solicitando, coa finalidade de que os compañeiros e compañeiras poidan facer probas antes dun uso real da plataforma.
 
O CGAE, ademáis, está colaborando no proceso de revisión dos formularios normalizados que contén a plataforma, e iranse realizando máis sesións que completen a formación no uso desta.
 
Do mesmo modo, e para mellorar no posible a guía de uso elaborada polo Ministerio, o CGAE elaborará unha xinsela guía de acceso e uso básico que permita a súa adecuada utilización.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información