Búsqueda avanzada
LexNET Xustiza amplía a súa capacidade de envío de comunicacións ata 15 MB
16/03/2017
LexNET Xustiza amplía dende hoxe a súa capacidade de envío ata os 15 MB. A medida supón un incremento da capacidade dun 50% fronte aos 10 MB cos que contaba na actualidade e un 150% fronte aos 6 MB que permitía o sistema antes do 1 de xaneiro de 2016. Desta maneira, o Ministerio de Xustiza dá resposta á demanda realizada polos profesionais do sector para poder realizar a presentación electrónica de determinados escritos iniciadores de procedemento con gran volume de información.

Durante o 2017 continuarase coa mellora do sistema incorporando novas funcionalidades como a recepción de avisos de notificacións vía correo electrónico, a integración co sistema de Xustiza Gratuíta ou novas caixas do correo consolidadas para avogados con varias colexiacións. 


Consulta o comunicado do Ministerio de Xustiza sobre a ampliación da capacidade de LexNET


Fontes: CGAENoticias Jurídicas
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información