Búsqueda avanzada
A Audiencia Provincial de Pontevedra establece quen debe aboar os gastos de constitución das hipotecas nunha recente sentenza
07/04/2017
A Audiencia Provincial de Pontevedra manifestouse respecto da cuestión dos gastos de constitución da hipoteca nunha recente sentenza onde conclúe que o pago do Imposto de Actos Xurídicos Documentados lle corresponde ao cliente. Con todo, os gastos derivados da inscrición no Rexistro da Propiedade deben ser asumidos por aquel a favor de quen se inscribe o dereito que, neste caso, é a entidade bancaria. Finalmente, no relativo aos gastos de notaría, a Audiencia Provincial sostén que teñen que ser sufragados por aquel que solicitase os seus servizos e matiza que, en caso de non coñecerse ese dato, se aplicarán as normas fiscais correspondentes e, polo tanto, sinalan que será o cliente quen debe facerse cargo.


Fontes: La Voz de Galicia; Faro de Vigo; La Vanguardia
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información