Búsqueda avanzada
Os xuíces urxirán novas salas de Familia e Social na primeira visita do presidente do CGPX aos xulgados de Vigo
25/04/2017
O presidente do CGPX e do Tribunal Supremo, Carlos Lesmes, manterá un encontro hoxe en Vigo ao que están convocados todos os maxistrados vigueses, que lle trasladarán as súas preocupacións e propostas sobre as necesidades existentes. Entre elas figuran a creación definitiva dun novo xulgado de Familia e outro do Social, así como que a Sección Sexta da Audiencia viguesa, especializada en Civil, conte coa quinta praza de maxistrado titular, posto que este labor é desempeñado dende hai anos por un maxistrado de apoio. 
Así mesmo, asistirán tamén a esta reunión o xuíz decano vigués Germán Serrano, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadeas, e o da Audiencia Provincial de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez Estébanez. 


Fonte: Faro de Vigo 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información