Búsqueda avanzada
O presidente do TS e do CGPX visita os xulgados vigueses por primeira vez
26/04/2017
Carlos Lesmes, presidente do Tribunal Supremo e do CGPX, na reunión mantida cos maxistrados vigueses e na que estiveron presentes, tamén, o xuíz decano vigués Germán Serrano, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadeas, e o da Audiencia Provincial de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez Estébanez, sinala como causa do atraso da creación da terceira sala de familia a falta de orzamento. A creación desta nova sala vén motivada por un Real Decreto no que se recolle a incorporación desta aos xulgados vigueses que estaría especializada en litixios matrimoniais.
 
Tamén aproveitou a súa visita a Vigo para coñecer o proxecto da Cidade da Xustiza cuxas obras de reconversión do antigo Hospital Xeral de Vigo comezarán previsiblemente en maio cos traballos de demolición de partes sobrantes do inmoble para a súa conversión, cuxo proxecto definitivo incorporará suxestións de profesionais do sector.


Fonte: Faro de Vigo
 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información