Búsqueda avanzada
O pleno do CGAE rexeita o plan do CGPJ de especializar un xulgado por provincia para as cláusulas solo
23/05/2017
O Pleno do Consello Xeral da Avogacía Española (CGAE) acordou, por unanimidade, mostrar o seu expreso rexeitamento ao plan de urxencia do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) para a especialización dun xulgado de primeira instancia en cada provincia que de maneira exclusiva e non excluínte coñeza os litixios sobre cláusulas solo en escrituras hipotecarias. A Avogacía considera que este plan produce un sobrecusto engadido sobre os cidadáns ademais de xerar unha desigualdade económica, xa que os afectados necesitarían destinar máis recursos económicos para defender os seus dereitos ante o xulgado de primeira instancia uniprovincial onde se diluciden os asuntos sobre cláusulas solo en hipotecas.


Fontes: CGAE; Expansión 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información