Búsqueda avanzada
O día 1 de xuño remata o prazo para inscribirse no Curso de acceso á quenda de oficio do ICAV
30/05/2017
Do 5 ao 12 de xuño levarase a cabo na sede do colexio (pza. de América, 2-1º andar, aula 1)  o curso de acceso á quenda de oficio, en horario de 12:00 a 14:00 horas.
Este curso vai dirixido aos letrados residentes no partido xudicial de Vigo ou de Redondela que cumpran entre xuño de este ano a maio de 2018 o requisito de tempo (3 anos) de exercicio profesional que establece a Orde do Ministerio de Xustiza de 3 de xuño de 1997 para o ingreso na quenda de oficio.
               
Os interesados deberán inscribirse na Secretaría do Colexio ata o día 1 de xuño,  por fax ou por correo electrónico: colexio@icavigo.org
 
Tamén se convocarán, en comunicación á parte, un curso de estranxeiría e outro de violencia sobre a muller.
 

Lugar: Sede do ICAV

Data: 5 ao 12 de xuño de 2017

Horario: 12.00 a 14.00 horas

Organización: Ilustre Colexio de Avogados de Vigo 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información