Búsqueda avanzada
Curso semipresencial sobre loita contra o racismo, a xenofobia, a homofobia e a transfobia 
04/07/2017
A Avogacía Española abriu un proceso de selección de avogados/as que queiran participar nun curso semipresencial sobre loita contra o racismo, a xenofobia, a homofobia e a transfobia organizado pola Escola Xudicial do Consello Xeral do Poder Xudicial en cooperación co Consello de Europa (CdE). O curso consta dunha xornada inaugural presencial, de tres meses de formación en liña con apoio dun titor e dun exame final. Entregaráselles un certificado aos participantes que superasen este exame. A xornada inaugural celebrarase o día 3 de outubro de 2017 en Barcelona e a partir desta data dará comezo o curso en liña.

Para obter máis información, prema na seguinte ligazón
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información