Búsqueda avanzada
Os avogados axilizarán os expedientes de nacionalidade por residencia ao tramitar telematicamente as solicitudes 
26/07/2017
A presidenta do CGAE, Victoria Ortega, e o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, asinaron o martes 25 de xullo o convenio subscrito entre ambas as institucións para habilitar que os avogados poidan presentar electronicamente as solicitudes de nacionalidade española por residencia en representación dos interesados. Para permitir a remisión telemática da documentación dos expedientes, debidamente indexada e metadatada, o CGAE desenvolveu unha plataforma técnica que lle permite ao avogado tramitar co seu carné ACA as solicitudes de expedientes de nacionalidade e subir á web do Ministerio de Xustiza a documentación preceptiva en formato telemático.


Fonte:  CGAE 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información