Búsqueda avanzada
Convocatoria dobre para o curso sobre "admisibilidade da demanda ante o tribunal europeo de dereitos humanos e o curso sobre a introdución ao convenio europeo de dereitos humanos"
28/07/2017
A Avogacía Española abriu un proceso de selección de avogados/as que queiran participar no curso semipresencial sobre sobre a admisibilidade da demanda ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos TEDH – (25 prazas) e/ou no curso semipresencial sobre a introdución ao Convenio Europeo de Dereitos Humanos –CEDH- (7 prazas). Esta formación está organizada polo CGAE coa cooperación da Escola Xudicial do Consello Xeral do Poder Xudicial e o Consello de Europa. Cada curso consta dunha xornada inaugural presencial, de tres meses de formación en liña con apoio dun titor e dun exame final. Entregarase un certificado aos participantes que superasen o exame. A xornada inaugural de ambos os cursos terá lugar o día 17 de outubro de 2017 en Madrid e a partir desta data dará comezo por separado cada curso en liña.

A data límite de recepción de candidaturas finaliza o 15 de setembro de 2017.


Consulta a convocatoria premendo na seguinte ligazón.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información