Búsqueda avanzada
O Tribunal Supremo establece que o pago do imposto pola constitución das hipotecas lle compete ao prestatario
01/03/2018
O Pleno da Sala Primeira do Tribunal Supremo deliberou e resolveu dous recursos de casación en relación con senllas reclamacións de consumidores contra cláusulas das súas escrituras de préstamo con garantía hipotecaria, que lles atribuían o pago de todos os gastos e impostos xerados pola operación.

O tribunal partiu da súa propia xurisprudencia sobre unha cláusula abusiva que, sen negociación e de maneira indiscriminada, atribúe en todo caso o pago dos gastos e impostos ao consumidor, a pesar de que a lei, segundo os distintos supostos, fai unha distribución destes. 
 

Fonte: Poder Judicial
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información