Búsqueda avanzada
A Inspección de Traballo e Seguridade Social revisa o cumprimento dos profesionais da avogacía nesta materia
08/05/2018
A Mutualidade da Avogacía informou recentemente aos colexios de avogados que a Dirección Xeral da Inspección de Traballo e Seguridade Social (Ministerio de Emprego e Seguridade Social) está revisando que os profesionais da avogacía por conta propia cumpren correctamente coas obrigas en materia de seguridade social ou mutualidade alternativa.
 
Como sabedes, os colexiados exercentes por conta propia teñen a obriga de estar inscritos nun dos sistemas de previsión social: o RETA ou o Sistema Alternativo da Mutualidade. De aí a importancia de regularizar calquera situación anómala neste sentido para evitar as consecuencias legais que se derivarían para o profesional.
 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información