Os vindeiros 5 de xullo (xoves) e 6 de xullo (venres), en horario de 17:00 h. a 20:00 h., na sede do Colexio Prz. América, 2-1º andar, Aula 1, levarase a cabo o VI CURSO DE ACCESO Á QUENDA DE OFICIO DE ASISTENCIA A VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO, segundo
o programa que se xunta, que ten carácter de obrigatorio para todos aqueles letrados que desexen incorporarse á Quenda de Oficio de Violencia sobre a muller (vítimas e imputados).
Os interesados deberán inscribirse previamente na Secretaría do Colexio, presentando a solicitude que figura a pé de páxina. Prégase que os que se inscriban
efectivamente asistan para evitar que queden prazas vacantes que ben poderían aproveitar outros compañeiros. Confirmaráse a admisión mediante correo electrónico.