Búsqueda avanzada
O 85% dos cidadáns que foron usuarios da quenda de oficio valora de forma positiva a xustiza gratuíta
13/07/2018
A enquisa realizada para o XII Informe do Observatorio da Xustiza Gratuíta por Metroscopia a cidadáns sinala que este servizo segue sendo notablemente coñecido (79%) e moi ben avaliado entre o conxunto da sociedade. Entre os resultados da enquisa, cómpre destacar que o 65% ten unha opinión positiva respecto da súa actual organización e funcionamento. Ademais, destaca que esta avaliación é máis positiva entre os cidadáns que nalgunha ocasión foron usuarios da quenda de oficio, xa que a porcentaxe de opinións favorables alcanza o 85%.

Fonte: CGAE
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información