Búsqueda avanzada
O TS desestima o recurso do CGAE contra os xulgados de cláusulas solo
02/11/2018
A Sala III do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, na STS n.º 1542/208 do 22 de outubro de 2018, desestimou o recurso presentado polo Consello Xeral da Avogacía Española contra a resolución da Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial, polo que se atribúe a determinados xulgados a competencia en materia de cláusulas abusivas.

O TS considera que o acordo do CGPX non adoece de falta de motivación, pois segundo o artigo 98.2 d ela LOPJ, a excepcionalidade da medida non require de xustificación. Así mesmo, alega que o acordo tampouco incorreu nunha infracción do dereito constitucional ao xuíz ordinario predeterminado pola Lei, debido a que afecta a procedementos aínda non iniciados.

Consulta a  STS n.º 1542/2018 do 22 de outubro de 2018
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información