Búsqueda avanzada
O CXAE presenta o XIII informe do Observatorio de Xustiza Gratuíta
11/07/2019
Recentemente, o Consello Xeral da Avogacía Española xunto con Wolters Kluwerl presentaron o XIII Informe do Observatorio de Xustiza Gratuíta.

De entre as principais conclusións extraídas do devandito informe desatacarían o investimento total destinado polas distintas Administracións Públicas, que alcanza os 269 millóns de euros, o que supón un incremento do 10,6%; o investimento medio por cidadán destinado a xustiza gratuíta que ascende a 5,76 euros por ano, un 11 % máis que en 2017; ou o incremento nun 3,7 % do número de asuntos do Servizo de Asistencia Xurídica Gratuíta tratados ao longo de 2018.

Pola contra, Galicia reduciu un 3,5 % o seu investimento en xustiza gratuíta ata os 9,7 millóns de euros debido aos catro meses de folga dos funcionarios da Administración de Xustiza galega.

A continuación podes consultar a seguinte documentación de interese:
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información