Búsqueda avanzada
Circular relativa á obriga, dende o 1 de xaneiro de 2014, de presentar telematicamente o IVE.
20/01/2014
Circular 
 
A Axencia Tributaria (AEAT) impón -desde o 1 de xaneiro de 2014- que todas as autoliquidacións e declaracións anuais do imposto do valor engadido (IVE) se teñan que formalizar a través de internet. O carné colexial con sinatura electrónica ACA de cada colexiado permite dar cumprimento a este novo requisito, pois habilita para realizar de forma telemática as liquidacións do IVE. O prazo para a declaración anual do IVE e a autoliquidación do 4.º trimestre de 2013 finaliza o próximo 30 de xaneiro.

A normativa que regula esta obrigación de presentación telemática vén recollida na Orde HAP/2194/2013, de 22 de novembro, pola que se regulan os procedementos e as condicións xerais para a presentación de determinadas autoliquidacións e declaracións informativas de natureza tributaria (BOE, 26 de novembro de 2013).

Achéganse nota e ficha que nos remite o CGAE en relación coa obriga, dende o 1 de xaneiro deste ano, de presentar telematicamente o IVE.


Ficha

Nota informativa

Máis información: web do Consello Xeral da Avogacía Española.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información