Búsqueda avanzada
Aberta a inscrición de colexiados para formar parte do Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación
02/04/2014
O Real Decreto 980/2013, de 13 de decembro, polo que se desenvolven determinados aspectos da Lei 5/2012, de 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís, veu crear o Rexistro de Mediadores e Institucións de Mediación.

A Dirección Xeral dos Rexistros e o Notariado (DGRN) e o Consello Xeral da Avogacía Española colaboraron para prover das ferramentas técnicas necesarias para dotar e garantir a fiabilidade da información que se incorpore á sección segunda do Rexistro.

A finalidade do devandito Rexistro é facilitar a transparencia e publicidade da mediación, incluíndo unha sección segunda na que inscribirán os mediadores concursais (arts. 18 e 19 do RD).

Para inscribirse no Rexistro de mediadores do Colexio débense cumprir os seguintes requisitos:
  • Avogado/a en exercicio con cinco anos de experiencia profesional efectiva no exercicio da avogacía, que acreditase formación especializada en Dereito Concursal (necesario para ser administrador concursal).
  • Contar con formación específica para exercer a actividade de mediación, con duración mínima de 100 horas de docencia. Desas 100 horas, como mínimo un 35 por cento deberá ser de nivel práctico.
  • As persoas xurídicas que cumpran co parágrafo último do art. 27.1 da Lei concursal poderán inscribirse na sección segunda do rexistro, concretando as persoas naturais que por figurar inscritas nas seccións primeira ou segunda do Rexistro poidan desenvolver a actividade de mediación en representación da persoa xurídica.
Como formar parte do Rexistro de Mediadores e Entidades de Mediación?
  1. Primeiro débese realizar a inscrición persoal, que deberá levar a cabo cada persoa interesada, na sede electrónica do Ministerio de Xustiza (Circular 46/2014 do Consello Xeral da Avogacía Española).
  2. Notificalo ao Colexio para xestionar o envío de información ao Consello Xeral da Avogacía Española. 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información