Búsqueda avanzada
O Colexio informa sobre como inscribirse no rexistro de mediadores concursais e mediadores civís e mercantís así como dos problemas no rexistro a través da sede electrónica do Ministerio de Xustiza
16/04/2014
Información sobre como inscribirse nos Rexistros de Mediación Concursal e Civil e Mercantil

Como xa se anticipou a través da Circular 4/2014, o Colexio de Avogados de Vigo informa dos requisitos legais para ser mediador concursal e mediador en asuntos civís e mercantís, así como sobre o seu proceso de solicitude.

Máis información: Circular 4/2014.


Problemas na inscrición a través do Ministerio de Xustiza

Nas últimas semanas, coa apertura do Rexistro para a realización de solicitudes de inscrición a través da sede electrónica do Ministerio de Xustiza, son moitos os problemas que están a aparecer, tanto técnicos como conceptuais e de interpretación, xa sexa na parte relativa ás solicitudes persoais, ás solicitudes dos colexios como centros de formación, como institucións de mediación etc. Trátase de problemas alleos ao Colexio, xa que a xestión do Rexistro corresponde única e exclusivamente á Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado. En calquera caso xa se están tratando de resolver eses problemas tratando de que en breve prazo o sistema poida funcionar de modo máis operativo, áxil e fácil. Desde o Colexio avisarase cando funcione a inscrición.

Máis información na sección Mediación da web do Colexio.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información